Wednesday 01 de May de 2024

Adíase a charla sobre a prevención de atropelos


Por motivos alleos ao Concello é preciso adia-la charla sobre a prevención de atropelos que estaba prevista para a tarde deste 8 de febreiro no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

A nova data comunicarase proximamente.

Promóvese esta acción dende a Concellaría da Seguridade, da cal é titular o edil José Andrés Lojo (Nós Pobra), a través do corpo da Policía local en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT).